Vistas de página en total

miércoles, 23 de abril de 2008

Non me espanta

RAMÓN M. VILAR LANDEIRA

QUE OS ladróns entraran nas Torres do Allo é algo que non me sorprende o máis mínimo. Tampouco me espanta que as autoridades non teñan nin puñeteira idea do día no que puideron asaltar o pazo público os delincuentes. A Administración pública, para recuperar unha das xoias arquitectónicas da Costa da Morte investiu 1.200.000 euros. Rematou as obras hai tres anos e dende aquela o edificio está pechado para uso e goce exclusivo dunha cooperativa de ratos.
Reitero por enésima vez que non me sorprende, sabendo como sei que á maioría dos cargos que rexen as institucións aféctalles máis que Marlene Morreau bote un chingo catódico que o espolio de todo o patrimonio xunto. No barco estamos todos: concellos, Deputación, Xunta, Goberno central e cidadáns. Dámoslle as costas á riqueza e á potencialidade do que temos e logo como papanatas sacámoslles fotos extasiados a monumentos de medio mundo. O problema desta desprotección non é a falta de cartos, o gravísimo é que moitos electos cren que a prosperidade dos seus termos se mide por metro de cemento e número de luminarias. Despois queren turismo con portas pechadas, monumentos espoliados e ringleiras de xaponesiños sacándolle retratos aos muíños eléctricos. Estamos ben.
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/03/25/2540608.shtml

No hay comentarios: