Vistas de página en total

domingo, 30 de noviembre de 2008

Cultura anuncia tolerancia cero coas agresións ao Patrimonio e a revisión da lei que está en vigor

O número de sancións por agresións ao patrimonio cultural incrementouse das 24 resoltas no 2003 ás 81 do que vai do 2006, mentres que os expedientes se multiplicaron por dous, con 132, fronte aos 66 do 2003.
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, anunciou onte que Galicia é a comunidade co patrimonio más rico e na que se cometen máis agresións, polo que a política neste ámbito é de tolerancia cero cos agresores. A primeira medida, antes das coercitivas, e poñer en marcha unha campaña de concienciación social para o coidado do Patrimonio, que co lema « Mira por el» , dirixirase á sociedade en xeral mediante anuncios en medios de comunicación e cartelería, en centros educativos e nos concellos. Neste caso, porque os planeamentos municipais son fundamentais para exercer a súa corresponsabilidade na protección do Patrimonio, como subliñou ou director xeral, Felipe Arias, na presentación da campaña.
A Lei de Protección do Patrimonio, en vigor desde hai dez anos, precisa ser revisada e acadar o seu desenvolvemento normativo para a súa eficacia, engadiu Arias, quen tamén afirmou que a lei «non basta con que sea birolla, ten que ser cega», e que non se trata de abrir expedientes, «senón que ademais hai que pechalos».
Outra das medidas é actualizar os catálogos -_hai identificados 580 elementos como Ben de Interés Cultural (BIC), que inclúen 22 conxuntos históricos urbanos-, e inventariar cruceiros e hórreos de máis de cen anos e outros elementos rurais, etnográficos e arqueolóxicos.
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/12/14/5371513.shtml

No hay comentarios: